We love eBooks
    Descargar CONFLITO LINGÜÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA. A situación do galego como síntoma. pdf, epub, ebook
    Editorial

    Este sitio es seguro

    Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.

    CONFLITO LINGÜÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA. A situación do galego como síntoma.

    Por FRANCISCO RODRÍGUEZ

    ¿Qué piensas sobre este eBook?

    Acerca de este libro electrónico

    CONFLITO LINGÜÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA
    A situación do galego como síntoma.

    Os leitores e leitoras teñen na man un libro fundamental na historia moderna do galego e unha peza clave na sociolingüística do noso país. A
    publicación en 1976 de Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza supuxo
    un fito na análise, interpretación e diagnóstico dos problemas do galego
    en conexión cos problemas de estirpe económica, social e política que a
    nosa nación padece. Ao tempo, facía a deseción das principais ideoloxías
    que se proxectaban sobre o idioma e das expectativas que delas se desprendían.
    Laiovento publicou a terceira edición deste libro en 1991, e a
    cuarta, corrixida e enriquecida con novos textos, en 1998. Agora aparece
    esta quinta edición, primeira dixital, notoriamente aumentada con análises
    sobre a política lingüística oficial, a mobilización popular contra ela, a
    conciencia social sobre o idioma e o seu estado como síntoma, no que vai
    de século XXI. Desta forma, a través deste libro o lector pode decatarse
    de como evolucionou a situación lingüística na Galiza desde a década
    dos setenta do século XX até hoxe, practicamente 50 anos, tirando as
    conclusións oportunas sobre as mudanzas cuantitativas e cualitativas que
    se produciron. Este libro, nesta quinta edición, primeira dixital, amplía a
    súa utilidade, a súa validade, a unha cuestión clave na vida dunha lingua
    oprimida como o galego: proporciona o modelo teórico e as pautas de
    comportamento lingüístico precisos non só para comprendermos o conflito
    lingüístico que vive este país, senón para remontalo a executar unha
    prática normalizadora merecente de tal nome, isto é, que poña como
    obxectivo central da preocupación polo galego a súa restauración social,
    através da plenitude de usos e funcións.
    No panorama bibliográfico galego –tan necesitado de páxinas esclarecedoras
    a respeito do idioma–, este libro de FRANCISCO RODRÍGUEZ
    (cuxas publicacións sobre Rosalía de Castro, Curros, Castelao... e outros
    moitos aspectos da lingua e da literatura galega reorientaron de maneira
    decisiva o coñecimento e a interpretación destas producións), segue
    resultando único polo seu rigor, o seu axeitado aproveitamento do máis
    científico e actualizado da sociolingüística mundial e a súa constante
    preocupación por facer análise científica, ao servizo dunha causa que non
    admite demoras nen trampas: a recuperación do idioma galego.
    Descargar eBook Link updated in 2017
    Tal vez usted será redirigido a otro sitio web
    Gracias y bienvenidos a nuestra lista de newsletter! Ops, ya se encuentra en nuestra lista.

    Relacionado con este libro electrónico

    Explorar colecciones

    Permanecer conectado a nosotros

    Síguenos en las redes sociales o suscribirse a nuestro boletín de noticias para mantener actualizada sobre el mundo dos libros electrónicos.

    Explorar libros electrónicos

    Ver todas las colecciones de eBooks

    Colecciones es la manera fácil de explorar nuestro directorio de libros electrónicos.