Un aprendiz prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afanan en tallar os mobles para o Dobre, o director do centro, aquel ser cruel e odiado por todos. Unha militante comunista emprende unha desesperada folga de fame. Un preso relata oufano como matou a súa muller porque ela se lle repuxo. Unha muller maltratada decide tramitar o divorcio e convértese nunha fuguista de incerto destino. Homes e mulleres coa existencia trabada, seres recluídos por barrotes verticais e horizontais, vítimas do fanatismo que levan a celosía incrustada nos ollos. Nesta edición actualizada e ampliada, Sentinela, alerta! recolle once textos nos que se aborda o lado máis escuro da condición humana: o exercicio da tortura e os malos tratos inflixidos sobre as mulleres e os máis débiles. O espazo da prisión nos tempos da ditadura unifica unha atmosfera desacougante onde a violencia, a crueldade, a corrupción, a desolación, devoran a dignidade dos seres humanos.
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.