Premio Xerais de Novela, 2000.
Un home baixa do tren cando falta pouco para que o verán de 1959 acabe. Nunca antes estivo na Coruña e chega coa misión de vingar catro camaradas asasinados durante a acción que debería poñerlle fin á loita do maquis. As pistas lévano a un sanatorio das aforas, e mentres el decide cándo e cómo será o castigo para o traidor, os lectores van asomarse ás vidas do grupo que organiza a resistencia cívica contra a Dictadura. Daquela, Franco vai saír do pazo de Meirás para unha inauguración, e o home que baixara do tren pensa: qué ocorrería se...En Expediente Artieda, a novela de Luís Rei Núñez, gañadora do Premio Xerais 2000, aparece o heroísmo dos que só agardan como premio máis probable, no canto das medallas, a tortura ou o cárcere, e non lles importa. Pero tamén aparecen os soños da infancia, o peso da memoria e o inmenso poder, mesmo destructivo, do amor. Expediente Artieda é unha novela coral, onde se mestura unha voz narradora en terceira persoa, con outras moitas en primeira, que reconstrúe a historia da resistencia urbana antifranquista, dende o heroísmo dos seres anónimos. Unha novela nostálxica que recrea de forma expléndida e evocadora á Coruña do tardofranquismo, unha cidade que se recupera para a memoria dos lectores de hoxe.