¿O manifesto comunista¿ é un clásico do movemento emancipatorio. A súa perennidade atópase no impulso moral que o inspira: o aborrecemento da inxustiza. As ideas centrais que discorren ao longo do manifesto son: a) que o modo económico dominante de produción e a estrutura social que se deriva del nunha época histórica constitúe o fundamento sobre o que se basea a súa historia política e intelectual, que unicamente se pode explicar a partir desa base; b) que a historia da humanidade foi unha historia de loitas entre as clases explotadoras e explotadas; c) que esa historia de loita de clases chegou a unha etapa na que a clase explotada e oprimida ¿os traballadores da era industrial¿ non poden liberarse sen liberar toda a sociedade da explotación e opresión, isto é, sen poñer fin ás loitas de clases.(Juan Ramón Capella, ¿Leer¿ ¿El Manifiesto Comunista hoy¿)
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.