O rebumbio dos vagalumes é unha novela na que a súa protagonista,
Paula, unha profesora universitaria emparellada cun executivo de
éxito do mundo financeiro, se rebela contra o destino ao que se sente
condenada. As procuras desta muller e os folgos cos que decide canear
a súa vida furan sen retorno a vida de varios personaxes até que
un rebumbio de vagalumes a empurra a un destino ao que non quería
chegar. A historia de Paula, contada en primeira persoa, convive cos
testemuños doutros personaxes e co de Xaime, a súa parella –enfiadas
pola inercia e a traxedia dun destino que non agardaban vivir.
O que lle acontece á protagonista, e mais ás persoas coas que convive
ao longo da obra, cumpre coa traxedia muda de moitas mulleres
que no tempo actual, pola asfixia emocional do medio no que vive, non
enfían a vida pola cara que máis lles convén. A novela, desenvolta en
diferentes cidades galegas e europeas, empata varias historias –a dun
boticario, un financeiro e dous médicos– dentro dunha trama común
contada con ritmo e paixón polos seus personaxes e por un narrador
alleo ás outras vidas de Paula. “Todos os retratos –asegura a protagonista
da novela– agochan máis do que asoman”.