Fitar a realidade con ollos de neno é a proposta desta escolma de contos. Cunha linguaxe sinxela e directa, por momentos divertida, ás veces sarcástica, Pere Tobaruela debulla cuestións coas que convivimos no noso día a día: as crenzas relixiosas, a homosexualidade, a perda dun ser querido, a inmigración, a violencia, o ensino, a intransixencia e o radicalismo, as novas que nos chegan do terceiro mundo, as relacións entre fillos e pais... Un percorrido áxil que, amais de entreter, nos axudará a recuperar a nosa inocente e pícara mirada infantil.
¿Serás quen de volver mirar o mundo con ollos de neno?
Pere Tobaruela é escritor. Alterna a escrita en catalán, galego e castelán. Con corenta títulos publicados nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña (Barcanova, Edicions 62, Bromera, La Magrana, Cadí), Galicia (Xerais, Everest Galicia, Sotelo Blanco), o resto do Estado (Ediciones B, Everest) e de ámbito internacional (National Geographic), transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, escolma de entrevistas, conto e novela.
"A simple vista haberá adultos que pensen: “como vou ler, cos meus anos, lecturas para nenos?” Non saben o que perden, os bos lectores saben que as lecturas non teñen idades. Os relatos de "Eu son Deus e outros contos", alén de realidades literarias notábeis, constitúen valiosas oportunidades de reflexión." (Xosé M. Eyré, crítico literario, en Galicia Confidencial).