José de Espronceda Delgado (Almendralejo, 1808 - Ma-drid,1842) está considerado o poeta romántico español por excelencia. Fundou a “Sociedade Secreta Os Numantinos”, a imitación doutras moitas existentes por entón. Entre os seus obxectivos figuraba matar a Fernando VII e consti-tuirse en república á grega, o que lle valiu ser condenado a tres meses de reclusión no convento de San Francisco (onde distribuiría propaganda liberal entre os frades) e ser desterrado. Durante o seu peregrinar coñece á que sería a súa muller e á que raptaría para casar cando el ainda non contaba 24 anos. A ela está adicado o Canto III da presente obra. Antes dos trinta participa na fundación do Ateneo de Madrid, colabora coa prensa da época, fai varias tentativas revolu-cionarias e finalmente é escollido como Diputado ás Cortes. O enterro de Espronceda constituiu unha grande manifes-tación de loito. Toda a sociedade madrileña estivo represen-tada xunto a unha multitude de todas as clases sociais. Os seus restos están hoxe no Panteón de Homes Ilustres en Madrid. A presente edición foi elaborada a partires da orixinal de “Obras Poéticas de Don José de Espronceda” ordeadas e anotadas por J. E. Hartzenbusch (París, Baudry, Librería Europea, 1848)
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.