Gertrudis Gómez de Avellaneda y Arteaga (Camagüey; 23 de marzo de 1814 - Madrid; 1 de febreiro de 1873). Vinteoito anos despois da morte da autora, o político anarquista Alberto Ghiraldo publica en Madrid estas cartas de La Avellaneda nas que ela mesma relata a súa propia vida e os seus apaixoados sentimentos amorosos polo estudante onubense Ignacio de Cepeda y Alcalde. Sen dúbida, o forte temperamento, a completa ruptura das conven-cións sociais e a súa marcada rebeldía influíron na devoción do arxentino Ghiraldo pola poetisa. Icono da poesía latinoamericana, símbolo do Romanticismo hispano e avanzada do feminismo, A Avellaneda gozou do éxito literario dende os vinteseis anos cando publica as súas primeiras poesías. A amistade dos grandes escritores da súa época como José Zorrilla, Fernán Caballero ou José de Espronceda non impediron que os seus escándalos sexuais lle pecharan as portas da Real Academia da Lingua Española. O seu éxito literario, ademáis, viuse enturbiado pola morte da súa filla aos sete meses de idade, polo abandono do seu amante, pai da nena, e pola morte dos seus dous maridos, o que terminou por abocala a unha sorte de misticismo. Estas cartas, que agora publica a EDITORIAL TRYMAR en galego, son unha boa valoración das verbas que José Martí adicara á autora: “Non tiñan as tenruras miradas para os seus ollos, cheos sempre de extraño fulgor e de dominio: era algo así como unha nube ameazante. (...) Máis: a Avellaneda non sentiu a dor humán: era máis alta e máis forte que el; o seu pesar era unha rocha...”
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.