En momentos nos que a desesperanza vai da man da axitación cómpre revisar os nosos puntos de partida, as nosas perspectivas e alianzas. En momentos nos que se busca unha saída, unha solución e un punto e final ás malas noticias colectivas, é hora de deixar os lugares trillados e buscar as alternativas noutros que ata o de agora non estaban nin na liña do horizonte. A alternativa está aquí parte dese afán de buscar as solucións onde (xa) se atopan, principalmente na nosa man e sobre todo na man das mulleres do sur, que dende longo tempo traballan a leira do común. Fronte aos grandes discursos moitas veces repetidos, A alternativa está aquí lévanos polos lugares e estratexias do día a día, pola necesidade de cambiar a ollada arrastrándonos, coa forza dos argumentos e das experiencias, ao traballo no colectivo dende o individual para transformar e transformarnos.
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.