Concepción Arenal foi unha figura senlleira única, rachadora de moitos estereotipos e ideais da súa época. Unha figura difícil de entender pola fuerza coa que defendeu as súas ideas e principios. Pero se non queremos entrar no campo da haxiografía máis ou menos documentada, feito moi frecuente cando se estuda a súa figura, debémonos atener aos antecedentes históricos, entre os que, sen dúbida un dos máis importantes é a misoxinia, que se viu acrecentada no período romántico, debido ao desenvolvemento da interpretación do corpo feminino levada a cabo pola Ilustración e por Rousseau e os seus seguidores no século XVIII. Redúxose ás mulleres á súa condición de femias e relegouselles a ser o “Outro”. Neste contexto a imaxe burguesa da muller como anxo do fogar toma corpo a partires de 1840 en que agudizouse a exaltación da mujer virtuosa, ideal femenino, cuia subxectividade se limitaba aos deberes propios do seu sexo.A presente edición é unha traducción ó galego de dous das súas obras máis emblemáticas: “A muller do porvir”, dende a 2º edición aumentada e corrixida de Ricardo Fe (Madrid, 1884 ); e “A educación da muller”, dende a edición orixinal dos Sucesores de Ribadeneyra (Madrid, 1896).
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.