Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, acompañado por Luneda ¿o seu can¿, relata as circunstancias do seu mundo, a vida na cidade do mar, cando os abismos semellan ser historia. Medra o silencio e Plinio vive na memoria e nas palabras do seu tempo: 2014. No desamparo renacen para sempre as resistencias, que o protagonista prende e abrasa nunha noite máxica. Todo é axiña: vai na devoración. O lume e a brasa dos monólogos. O realismo, desbordado no tránsito, xa non existe senón canda o solpor. E velaí van de balde e de bussines no avión transoceánico da fuxida as parrafadas de Banká e de Kapito, as alimarias, nunha viaxe a bordo que o soño nunca acorda. Desce o boeing cabo de moi lonxe e a noite troca en sol de ausencias.
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.