Un é mestre, tamén avó e por riba xubilado; desa trindade é sinxelo deducir que a relación co neto presuponse máis afectiva que educativa, máis consentidora e gozosa que respectuosa cos canons establecidos pola sociedade que pouco poden, en moitos casos, importar a un xubilado canso de termar pola exemplaridade social durante tantos anos.
Baixo estas consideracións naceu este traballo de hai dous anos agora convertido en libro.
O percorrido polo Camiño de Santiago danos pé para comentar a relación avó-neto, a historia e o patrimonio da ruta francesa, contando moi especialmente coa axuda do Códice Calixtino; lendas, paisaxe, e mailo comportamento humano xunto co descubrimento de novas amizades. Todo aquilo que forma parte das ledicias, gozos e andainas dos peregrinos.
Aventura no Camiño é un relato-guía de viaxe ao estilo moderno do Codice Calixtino que narra a relación dun avó co seu neto no Camiño de Santiago