Carlos Frontaura y Vázquez (1834 - 1910) foi abogado, político, dramaturgo, crítico, novelista e redactor. Ademáis, a sua labor literaria abarcou tamén o libreto de algunhas zarzuelas ou traduccións dende o francés de autores como Guy de Maupassant. Dirixiu revistas infantís como “Los Niños”, donde colaboraron Zorrilla, Campoamor ou Gómez de Avellaneda; e outras como o mesmísimo “Blanco y Negro” ou “La Gaceta de Madrid”, ademáis de fundar outras de corte satírico, como “El Cascabel”. Na sua época foi un escritor moi popular grazas, entre outras razóns, ás suas numerosas colaboracións e libros de semblanzas e descricións de tipos tradicionais. Así, camiña entre o cadro de costumes e o conto, complicándoselle ao lector o su encadramento nun destes xéneros. As suas descricións dos ambentes populares de lugares típicos do Madrid decimonónico, entre satíricas e piadosas, lémbránnos ao Larra máis coñecido, do que o separa únicamente a intensa españolidade e quizáis o punto de acidez mórbida que o romántico nunca puido alcadar. Tamén foi Gobernador Civil de varias provincias, como Almería. Na presente edición recóllese o orixinal publicado na librería da Viuda de Hernando e Compañía (1887) da rúa Arenal 13 de Madrid.
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.