O catro de maio deste ano cumplíronse 150 anos do nacemento de Julia de Asensi y Laiglesia (Madrid,1859 - 1921), unha das escritoras máis celebradas do seu tempo. Filla do diplomático Tomás de Asensi, recebiu unha educación centrada na lectura e o estudo. Estivo moi influenciada polo Romanticismo de Becquer ou Zorrilla, e polo costumismo e o floclore das tradicións e contos populares. Ó xeito de Rosalía de Castro, pero sen o seu forte temperamento, Julia Asensi, achégase á literatura dende a perspectiva que o seu tempo lle permitiría, e así destaca polos traballos didácticos infantís e xuvenís, como é o caso da presente obra, COCOS E FADAS, que a EDITORIAL TRYMAR traduce ó galego para os seus lectores. Aínda así non abandoa as obras adultas e mesmo as traduccións do francés e o teatro, no que acadou algún éxito no seu momento. A súa extensa cultura permitiulle publicar e editar diversas revistas e colaborar cos mellores autores da súa época, como Emilia Pardo Bazán, ademáis de organizar e formar parte de tertulias literarias.
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.