Tras fuxir mangada coa cámara fotográfica que lle roubou na Quintana a unha parella de turistas, Erika caeu a rolos polas escaleiras de Praterías e procurou sandar as súas feridas na casa dunha amiga. Samuel, o seu irmán, co que convive nun piso do barrio de Vite, procura nas rúas compostelás unha oportunidade definitiva que os saque de vez daquela merda de vida. A aparición dun paquete levará a que as vidas dos irmáns se crucen coas de Ventura, un mozo que fachendea de dedicarse a resolverlle problemas á xente, tanto os sinxelos coma os complicados, apenas un eufemismo para agochar que forma parte dunha banda dedicada ao branqueo e préstamo de cartos.
Na liña de novelas anteriores como Dime algo sucio, Historias de Oregón, Todo OK, e Matarte lentamente, Ameixeiras profundiza en Conduce rápido na súa liña de modernización radical do xénero negro, baseada na brevidade, dosificación da información, tramas cruzadas e máxima economía expresiva. Coa precisión dun cirurxián ofrece un extraordinario retrato de vidas precarias que deambulan polo decorado da Compostela de hoxe.