LIMIAR
Un pescador, o Tío Antón, nun verán chuvioso, entretén aos veraneantes, no bar da praia, contando historias, mitos e lendas locais. As narracións son curtas, agudas, insólitas e máxicas. Alusións ao tempo e a vida do Tío Antón danlle unidade ao libro. Os contos e a interacción amosan as personalidades do Tío Antón e mais o compadre. O ton inicial de comedia decae co personaxe principal e convértese en drama: ao ancián Tío Antón, outrora animador e gran comunicador, na súa vellez ninguén o escoita agás a súa defunta muller.
Unha visión mítica do mar inspira historias fantásticas; outras relatan costumes, personaxes e crenzas locais. Téntase plasmar unha estética popular galega de tradición oral sobre o tema da comunicación, e asemade denunciar o illamento e abandono afectivo ao que a sociedade de consumo condena aos vellos.
O libro está dirixido a lectores adultos, de gustos e cultura diversos.
Consta de 10 partes:
I. Contacontos. Presenta os personaxes, o Tío Antón e o compadre, tamén o escenario. O Tío Antón e mais o compadre dan unidade á narración nunha estrutura de novela non usual, aínda que con antecedentes notables na literatura española; os breves diálogos entre ambos subliñan a personalidade de cada un, os contrastes de crenzas, a retranca e inxenuidade, o realismo e a incoherencia, a credulidade e o escepticismo, subxacentes no subconsciente colectivo galego. O escenario é o bar da praia, que por mor de Arturo, elévase a categoría de mítico.
II. Tempos Remotos. Lendas de vaga lembranza.
III. Históricas. Combinan datos históricos con fantasía.
IV. Milagres. Relatan con humor algúns milagres da Virxe.
V. Supersticións. Describe ritos e supersticións ancestrais.
VI. Relatos. Sobre costumes e anécdotas.
VII. Persoeiros. Personaxes e sucesos insólitos
VIII. Fantásticas. Contos baseados nunha interpretación mítica do mar e da natureza.
IX. De amor. De amor e máxicos.
X. Ocaso. O tema é a decadencia e a morte. A despedida na praia e o ánimo do Tío Antón, patente nas historias, introducen o ton de drama e presaxian un tráxico final.