O xornalista que levanta acta da peor das mareas negras, o adolescente que se converterá no caddie preferido daquel Franco que ía xogar ao Club de Golf da Zapateira, o escuro funcionario de xulgado que necesita descargar a conciencia cinco décadas despois da hecatombe dun verán terrible… Este libro convoca oportunidades perdidas, mesmo a dun tiranicidio; borras e rescaldos da memoria, individual e colectiva; arelas cun pé no éxito e o outro na decepción; segredos que non morrerán gardados, ou sarillos de soños que son a mellor vitamina na existencia dos seres anónimos. Á fin, estamos ante un monllo de historias que lle propoñen ao lector o desafío de explorar as topografías da conduta humana. Esta vez e sempre, entre as cousas que están sendo e os días que non foron.
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.