Sinopse
Leopoldo Pardo, vixilante de seguridade no centro comercial dunha cidade pequena, quere demostrar ó mundo que serve para algo máis que para indicar ás señoras como localizar os cuartos de baño.
A súa oportunidade xorde cando atopa a unha fermosa dependenta da tenda de roupa máis prestixiosa do lugar morta en circunstancias estrañas. Decide, entón, resolver a morte da rapaza no menor tempo posible para poñer sobre a mesa todo canto el vale.
Autor
Escritor e mestre de inglés no ensino público. Logo de autoeditar os seus nove primeiros libros comezou o seu camiño no mundo literario coa A vila das ánimas (Toxosoutos), á que seguiron A habitación secreta (Toxosoutos) e os ensaios A xanela escura: tres arquetipos de terror na cinema e A xanela insólita: historia reducida da ficción científica literaria (Urco). Ofrece agora esta novela curta homenaxeando por unha banda aos mestres literarios clásicos do razoamanto dedutivo e particularmente a aqueles abnegados escritores de bolsilibros das décadas dos cincuenta e sesenta no estado español, como Curtis Garland ou Keith Luger.