Física en imaxes pretende aproximar o lector á Física, a través de imaxes cotiás, desentrañando os conceptos e aspectos físicos fundamentais que estas esconden. O lector debe ser o verdadeiro protagonista da Física, buscando respostas cualitativas e conceptuais a aquilo que acontece ao seu redor.
En Física en imaxes abórdanse os temas correspondentes a un programa tradicional de física xeral. En cada tema agrúpanse diversas imaxes de feitos cotiáns e realízase unha análise dos mesmos en dous niveis de dificultade. Nun primeiro nivel, máis básico, invítase o lector a descubrir a física que se agocha nesa situación mediante a formulación dunha cuestión, un comentario breve ou un pequeno reto. Nun nivel máis avanzado introdúcese unha explicación cualitativa ou un pequeno cálculo a partir de leis fundamentais da física.