We love eBooks
    Descargar Fochicando co Photoshop: O máis completo manual en galego do máis completo programa de edición e retoque fotográfico  Inclúe unha serie de exercicios prácticos … á páxina web oficial (Galician Edition) pdf, epub, ebook

    Este sitio es seguro

    Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.

    Fochicando co Photoshop: O máis completo manual en galego do máis completo programa de edición e retoque fotográfico Inclúe unha serie de exercicios prácticos … á páxina web oficial (Galician Edition)

    Por Jose Ramon Santos Dios

    ¿Qué piensas sobre este eBook?

    Acerca de este libro electrónico

    Este manual didáctico é o resultado de máis de 20 anos de experiencia docente impartindo clases a todo tipo de colectivos en galego, pola miña experiencia, unha das cousas que mais desmotiva á hora de leer un manual ós meus alumnos é que esté cheo de palla, largas introduccións e imaxes de adorno, no que teñas que pasar 20 páxinas para aprender unha técnica, é mellor ser conciso e ir ó gran, explicar claramente cómo se fai algo acompañado de algún exemplo do xeito máis claro posible.
    Outro problema dos manuais de informática é a súa constante desactualización debido ás diferentes versións do software que van xurdindo, por iso todas as explicacións sobre as ferramentas do programa veñen acompañadas do seu acceso mediante as teclas de acceso rápido, o mellor método para aprender a utilizar un software sen depender da súa interface. Ademáis como poderás observar, as imaxes do programa utilizadas neste manual corresponderanse con varias versións diferentes, tanto en Windows como en Mac, polo motivo comentado anteriormente.

    Este manual permitirache:
    •Iniciarte no Photoshop dende cero, aprendendo os conceptos básicos da edición de imaxes, retoque fotográfico, elaboración contidos para a web ou impresión.
    •Perfeccionar os teus coñecementos de Photoshop mediante o uso avanzado de ferramentas.
    •Aprender mediante un montón de trucos, exemplos e exercicios, os segredos desta aplicación para facer a túa edición moito máis productiva.

    Consellos do autor
    Para un mellor aproveitamento deste manual e unha aprendizaxe máis eficaz recoméndoche aplicar os seguintes consellos:

    Si é a túa primeira experiencia co Photoshop, primeiro, non desesperes!, sempre que imparto clases a algún alumno por primeira vez tenta aprendelo todo ó mesmo tempo, dispérsase ca cantidade de ferramentas e comandos da aplicación rematando confuso e desmotivado. Tenta familiarizarte primeiro cas ferramentas sen profundizar nelas, para iso son os primeiros capítulos do manual, máis adiante volveremos a retomar as ferramentas con máis detalle para, ó final, rematar realizando os exercicios prácticos guiados.
    Si xa tes coñecementos de Photoshop, seguramente poderás pasar por alto os primeiros capítulos, parándote soamentes nos TRUCOS, NOTAS e métodos de tecla abreviado, o mellor xeito de aprender a utlizar a aplicación sen depender de versións.

    Seguramente notarás que algunhas ferramentas e comandos se explican de xeito moi breve e conciso, as veces demasiado seino! Pero ten en conta que si non fose así este manual sería inabordable, e que moitas de estas ferramentas explícanse por medio de exercicios guiados, de xeito más sinxelo, ó final do manual.

    Por último agradecerche como autor que decidirás emprender o coñecemento de Photoshop por medio de este manual e en galego. Esta é a primeira edición do que pretende ser unha serie, polo que si crees que hay algunha parte mellorable, ou algunha sección que non compredeches, por favor envíame un correo á seguinte dirección e enviareiche con gusto o manual ca corrección proposta.

    moncho.santosdios@gmail.com
    o autor: José Ramón Santos Dios
    santosdios.es

    Descargar eBook Link updated in 2017
    Tal vez usted será redirigido a otro sitio web
    Gracias y bienvenidos a nuestra lista de newsletter! Ops, ya se encuentra en nuestra lista.

    Relacionado con este libro electrónico

    Explorar colecciones

    Permanecer conectado a nosotros

    Síguenos en las redes sociales o suscribirse a nuestro boletín de noticias para mantener actualizada sobre el mundo dos libros electrónicos.

    Explorar libros electrónicos

    Ver todas las colecciones de eBooks

    Colecciones es la manera fácil de explorar nuestro directorio de libros electrónicos.