Manuel María tiña dúas almas, unha feita de orballo e outra de cantaría. A cada unha delas dedicoulles unha parte dos seus poemas. Viviu tempos malos e custou que fose recoñecido no seu propio país. Escribiu demasiados versos porque o silencio que quería romper era tamén excesivo. As súas mellores páxinas son as que dedicou á súa casa, á súa terra máis próxima e á súa muller, Saleta. Este libro pretende ser unha interpretación sintética da súa vida e da súa obra, se é que é posíbel facer tal cousa.
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.