Branca sabe que na entrada do xulgado ten que pedirlle algo moi difícil á súa cuñada Chelo. O futuro de Alberte está en xogo. Mentres, no silencio espeso do calabozo, quen fora soldado profesional, especialista en transmisións, rememora a experiencia vivida quince anos antes, cando formou parte das tropas da misión española na guerra de Bosnia. A fame, a sucidade, o frío, o alcohol, a crueldade, a brutalidade, a violencia, a morte foron experiencias que abriron en Alberte unha ferida desas que non sollan, a da marca profunda do medo, esa cicatriz pola que supura o suor da carraxe. Des que regresou daquel inferno, Alberte converteuse nun auténtico alieníxena, refractario a todo sentimento; dende entón, lembrar é a súa única manifestación de valentía.A intensidade desta novela memorable, que non ofrece tregua nin concesión ningunha, confirman a Xesús Manuel Marcos como un dos narradores máis potentes do noso tempo.
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.