“O Cabaleiro das Botas Azuis” (Lugo, 1867) foi escrita por Rosalía de Castro (Santiago 1837 - Padrón 1885) orixinariamente en cas-telán, posto que a novela era un xénero que naquel momento con-siderábase inaccesible para unha lingua co feble nivel de normali-zación como tiña o galego nesa época. Fora tan so catro anos antes cando a cultura galega contemporá-nea nacera para a literatura con “Cantares Gallegos” (Vigo, 1963) levada ó prelo gracias ó pulo do seu home, Manuel Murguía, por entón un dos grandes piares do movemento rexionalista e o pri-meiro que soubo recoñecer na obra da súa muller a musa que o galeguismo precisaba. “O Cabaleiro das Botas Azuis” é unha descripción dos vicios do Madrid decadente e frívolo de mediados do século XIX e que tan ben coñecía Rosalía, por ter vivido alí na súa xuventude e por ser a cidade onde coñeceu ó seu marido. A crítica do seu tempo condeou a Rosalía a una inxusta indiferen-za por non cumplir os cánones establecidos en relación coa litera-tura feminina. De feito, o seu nome non apareceu nas antoloxías de escritoras editadas no XIX nin en “Las cien mejores poesías de la lengua castellana” seleccionadas por Menéndez y Pelayo. Foi o hispanista británico James Fitzmaurice-Kelly o primeiro en reivin-dica-la súa obra, ó incluila na súa antoloxía “Oxford Book of Spanish Verse”, de 1913.
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.