As mulleres coruñesas loitaron desde distintas frontes para ir acurtando as distancias que as separaban dos homes nos ámbitos laborais, salariais e políticos ao longo do primeiro terzo do século XX. Ao longo das páxinas deste libro poden atoparse numerosos exemplos desta loita, case silenciosa unhas veces, pero tamén sonora e combativa outras, e que permiten complementar e matizar as visións máis panorámicas, elaboradas por outros historiadores.
O presente estudo aborda aspectos relacionados coas asociacións que constituíron as mulleres coruñesas desde finais do século XIX até 1936, centrado en dous campos diferenciados: a actividade da muller proletaria e a da muller burguesa; a primeira no campo do traballo e da organización sindical, e a segunda no ámbito de corte máis político e benéfico cultural, centrado nos colectivos de carácter progresista.
As fontes documentais consultadas responden a dous tipos: a prensa de época e os fondos de arquivo.
Obra de grande interese por centrarse na divulgación do coñecemento dos colectivos femininos, que tanto contribuíron ao desenvolvemento económico e social, e aos que non se lles presentou a debida atención e investigación. De grande utilidade nos programas e cursos relacionados coa muller que a Deputación leva a cabo, e concretamente para as colaboracións que esta entidade fai en campañas de divulgación do coñecemento da actividade feminina.