Premio Blanco Amor 2013.
Un cadro e un violín porán a proba os principios dun profesor de historia da arte que traballa nos cursos de nocturno do Colexio Academia Atenea, onde don Atilano e Margaret Thatcher, marcan a liña pedagóxica. Mais tamén Violeta, filla dun embaixador arxentino, que avisa a tres días vista cando vai levar un amante ao piso «para gardar o protocolo diplomático»; Vladimir Ilich, Bladimiro Regueira, que marchará á capital do reino para triunfar na farándula; Antón Coira, que cambiou as prácticas de sindicalista, polas de tratante de arte; Alicia, que prepara oposicións para todo; Gertrud, a avogada de Düsseldorf, capaz de dicir «ducha ou jacuzzi?», como quen di té ou café, e coa mesma quitar a roupa e meterse na bañeira; Teresa Moure, daltónica, pero con vista para levar unha galería de arte; Armando Ónega, un dos homes máis ricos do planeta. E logo están don Leoncio, o cura especialista en Bach; Indalecio, o camareiro do Delicias, que pensa que a climatoloxía a ten tomada con el; Marián, que confía no materialismo esotérico¿
A xuízo do xurado do Premio Blanco Amor, O violín de Rembrandt é unha novela de lectura fluída, na que «prima o humor cun ton áxil, fresco e irreverente que reflicte ambientes sociais de pequenas cidades, nas que o contraste entre o global e o local vese neutralizado con personaxes cotiáns».