Luis Bonafoux Quintero (Saint Loubez, Burdeos, 19 de junio 1855 - Londres, 28 de noviembre 1918), foi un dos grandes polemistas do seu tempo. As súas rifas con Leopolodo Alas, Clarín, autor da Rexenta, e que están recollidas neste volume, xa forman parte da historia da crítica literaria española, así como as súas preferencias polo mozo Azorín. Pero non so a literatura é o obxecto da análise deste autor, que lanza os seus dardos velenosos contra a política, as costumes e as modas do seu tempo.Home dunha intensa cultura adquirida nas súas viaxes e nas frecuentes tertulias que mantiña cos grandes escritores e periodistas do seu tempo, adorna a presente obra cun estilo carregado de neoloxismos e termos ingleses e franceses, que utiliza para fustrigar aqueles aspectos que considera reprobables. E, a parte das suas amizades e filias persoais, hai pouco que non mereza segundo o seu criterio, o castigo.Nun ton satírico e divertido, que amosa ás claras que nin el mesmo se tomaba moi en serio, repasa dende o anarquismo ata a realeza, dende a paisaxe galega (que escapa, pola súa beleza, ás suas críticas), ós problemas das Antillas, que coñecía de primeira man. É unha sociedade enteira a que brila e fede nesta obra traducida por primeira vez ó galego pola EDITORIAL TRYMAR.
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.