(...) Prenderei a lareira, de Vicente Reboleiro, constitúe a mellor homenaxe que se pode facer a Uxío Novoneyra, poeta do Courel mais tamén poeta da Galiza, poeta da nación e adaíl na defensa da nosa identidade política, cultural e lingüística; e por todo iso poeta universal, pois só desde a identificación co propio se pode atinxir a verdadeira universalidade (...). Na esteira dos bos e xenerosos está Uxío Novoneyra e está tamén o autor deste libro que me honro en prologar.
(...) van sendo horas de afirmar que Vicente Reboleiro -veciño, amigo, discípulo, incansábel lector, recitador e admirador de Uxío Novoneyra- é un galego consciente, cabal e comprometido, e que neste fermoso libro de poemas homenaxea o seu mestre infelizmente desaparecido. Con esta obra convértese Vicente Reboleiro no novo poeta do Courel, o poeta do Courel do século XXI, un Courel que posúe a mesma grandiosidade e beleza dos seus tesos cumes e dos seus profundos vales.
(Xosé Ramón Freixeiro Mato)