SINOPSE
Pasado o ano 2080, a hexemonía do ser humano sobre a Terra sofre un profundo revés. As cidades están illadas unhas das outras e a supervivencia pasa por pequenas comunidades de persoas. Os recursos son moi escasos, pero non só se han preocupar por ter algo que levar á boca, senón tamén por non convertérense no prato do día “deles”. Algúns cren que son monstros, outros que son humanos que perderon toda a fe e a cordura. Outros, incluso pensan que son demos.
Fil é un destes poucos superviventes, aínda que hai moito tempo que decidiu ir por libre, sen confiar en ninguén máis ca nel mesmo. Porén, cando se atopa con Inara todo pode cambiar, incluso o que el cre saber sobre o seu mundo.
Aínda hai quen busca a verdade deste desastre, pero a maioría só ven algo certo: cada novo amencer vivo é unha nova vitoria fronte á morte.