Tempos dixitais non só é a recompilación dos relatos gañadores dun concurso. As liñas que forman este libro non só contan a historia dos seus protagonistas, senón que tamén falan da ilusión, das ganas, esforzo e traballo de sete autores, como ben se reflicte nas súas obras: Camiña, de Juan Parcero, que leva ata as súas últimas consecuencias un amor intemporal; ou n'A lanterna de vagalumes, de Andrea Fernández Maneiro, que explora con singular tenrura o universo infantil; tamén en Unha guerra con catorce anos, de Fina Fernández, que nos enfronta á brutalidade dunha guerra entre irmáns; ou en Os amores de Biruca, de Carme Graña Barreiro, que retrata con gran plasticidade o carácter dun pobo dividido por unha camada de porcos; sorprendente e desacougante, Furados da imaxinación, de Óscar Bouzas, profunda nas relacións familiares; O andar amodo, de Mario Caneiro Ameneiros, lévanos a ese tempo sen fronteiras, fascinante e complicado, da primeira adolescencia; finalmente, Querrás, de Umberto Saa, mergúllanos coa súa prosa viva no mundo do crime no que é, ante todo, un relato de iniciación. Todos eles, textos que pescudan na alma humana, que sondan o mundo en busca de respostas.
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.