O profesor Paco “Doc” Dacosta aparece aforcado no seu despacho da facultade de matemáticas. O seu mellor amigo recibe un encargo póstumo: terá que encargarse de cumprir coas derradeiras vontades de Paco, que o levará a encontrarse de novo coas vellas amizades da xuventude. Desta maneira Berto descubrirá unha parte da vida dos seus amigos da que moitas veces non sabía nada e que provocou que todos se fosen afastando co paso do tempo. E ó mesmo tempo irá resolvendo a pregunta que se fai dende que morreu Paco: asasinato ou suicidio?
“Terra de Corvos” é unha historia sobre a amizade e os sonos da xuventude, de como se van sacrificando os ideais no camiño e das trampas da memoria.
“Terra de Corvos” é unha historia sobre a amizade e os sonos da xuventude, de como se van sacrificando os ideais no camiño e das trampas da memoria.