Premio da Crítica, 1989 (narrativa)
Este libro nace fundamentalmente da obxervación. Aquí somos así, señores. A través destes relatos, como fogaradas, como rápidas instantáneas, viaxamos por tipos humanos, situacións, contrastes e anécdotas que se presentan como un singular retablo da Galicia que vivimos. Entre o video-clip e o angazo na ría, entre o "turbo" e a corredoira, as parabólicas e o tute subastado, os grupos modernos e a pensión da Seguridade Social Agraria...O periodista non mata ó escritor, enriquéceo. Hai toneladas de sensibilidade nestas páximas que anuncian de primeiras divertimento, un xogo, unha explosión de humor, pero que axiña profundizan tamén na outra cara da realidade, a menos visible, e invitan a exercitar o noso espírito crítico.