Viaxe sen cancelas reúne dous poemarios: Viaxe do leito, que representa a vivencia da xuventude, e Un prado sen cancelas, que se centra na asunción da madurez.
Estamos ante unha poesía de longo alento que sintoniza coa esencia do universal: o amor e a dúbida, a esperanza, a sensualidade, o paso do tempo, a busca da liberdade, a amizade sincera. Xesús Bermúdez é dono dunha voz poética lúcida, profunda, rebosante de imaxes que callan na emoción e que nos descobren a un autor dotado dunha sensibilidade moi especial.
Xesús Bermúdez Tellado naceu en Betanzos en 1966. Desde os tres anos viviu na provincia de Lugo, primeiro en Becerreá e logo en Pol. Aos doce anos empezou a escribir poesía e desde aquela nunca abandonou esa actividade. É licenciado en filoloxía galego-portuguesa e na actualidade traballa como lingüista en Santiago de Compostela.