Francisco de Rojas Zorrilla (Toledo, 4 de octubre de 1607 - Madrid, 23 de enero de 1648) foi un dos máis importantes dramaturgos da súa época. Seguidor e colaborador de Calderón de la Barca e íntimo amigo de Francisco de Quevedo, foi un dos autores favoritos de Felipe IV, ante o que se representaron varias das súas obras. Os últimos anos da súa vida víronse envoltos polas sospeitas das súas orixes xudeas ou moriscas, descubríndose que algúns dos seus ascendentes foran queimados pola Inquisición. Morre á idade de corenta años, deixando tras de si unha copiosa obra, da que DO REI ABAIXO NINGÚN cóntase entre as máis afamadas. Rojas Zorrilla amosa nas súas obras un acervado sentido do humor, mesmo en casos como o presente, que xira ó redor do tema do honor e da imposibilidade de vengalo ó confundir o suposto cornudo ó seu ofensor co rei mesmo. As súas obras seguen a ser representadas ata a actualidade, pola modernidade de moitos dos seus plantexamentos, polo seu espíritu crítico con moitas das convencións da época e pola fortaleza do desenvolvemento dos seus argumentos. Precisamente, unha das últimas delas foi o ano de 2008 pola Compañía Nacional de Teatro Clásico desta mesma obra.
Este sitio es seguro
Usted está en un sitio seguro, habilitado para SSL. Todas nuestras fuentes son constantemente verificadas.